viernes, 9 de febrero de 2018

A curiosa capela de San Caralampio na Illa da Toxa (Galicia)



Capela construída no s. XIX con planta de cruz latina e nave única. O trazo máis destacable é estar enteiramente cuberta de cunchas de vieira, dende a súa base ata o campanario. Atópase rodeada de xardíns e no entorno do Gran Hotel e balneario da Toxa.

Anteriormente estivo dedicada a San Sebastián pero na actualidade tras unha reforma colócase como imaxe principal a Virxe do Carme.

Nesta capela dáse culto o famoso San Caralampio, un mártir do s. III, que é patrón das enfermidades da pel, de aí o patronazgo e culto neste lugar especial de augas termais como terapias para curar a pel nos balnearios desta illa da Toxa, de aí que a xente, dende moi antigo, acode a esta capela pedindo a protección deste Santo.


Fonte: www.turismo.gal